19 de abril de 2015

Vamos a Paris

Chegou o día !!!
Maña marchamos e estamos moi ilusionados coa nosa viaxe.
Levamos tempo preparándoa e esperamos que todo saia segundo o previsto. Imos ver moitos monumentos e lugares interesantes, así que chicos e chicas descansade ben esta noite, que maña nos espera un día moi movidiño.
Non esquezades ningunha das recomendacions que se vos foron dando, e sobre todo, lembrade traer con vos os papeis (DNI, pasaporte e tarxeta sanitaria) porque senon vos deixamos en terra !!!
Só nos quedan unhas horas e estaremos alí.
Disfrutade co soño, que maña será realidade....
 demain!

17 de abril de 2015

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES



 OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
   O Venres 17 de Abril visitáronnos alumnos/as do  IES Fraga do Eume acompañados por un dos seus profesores para levar a cabo un Obradoiro de bebidas saudables.
   O obradoiro levouse a cabo no laboratorio do centro e comezou cunha pequena charla sobre os perigos do consumo de alcohol, os hábitos pouco saudables que acompañan o seu consumo e as consecuencias que este consumo pode chegar a ter nas nosas vidas.
   A continuación ensináronnos a preparar algúns cócteles e batidos saudables que todos probamos.






 
    Moitas grazas pola vosa visita!