- Concurso para rapaces de 14 a 18 anos.
- Participa gravando un vídeo de 3 minutos de duración máxima onde nos mostres como te imaxinas o futuro a través da tecnoloxía.
- Formarás parte da elaboración da nova Axenda Dixital – Horizonte 2020 e
ademais se resultas un dos gañadores recibirás unha tableta. Os vídeos
serán publicados nas redes sociais da Amtega onde poderáa elexir os teus
favoritos.
- Prazo ata o 30 de Novembro.
__________________________________________________________________________________BASES DO CONCURSO:
1. Poderán participar todos os alumnos/as da ESO do CPI A
Xunqueira.
2. A forma de participación será individual.
3. Os deseños deben de tentar representar ao CPI A Xunqueira
(a través dun debuxo sinxelo) e integrar o texto “CPI A Xunqueira – Fene”
4. Os traballos deberán ser orixinais, quedando excluído
calquera traballo que copie total ou parcialmente outros deseños existentes.
5. De cada deseño presentarase unha versión en cor e outra
en branco e negro.
6. A técnica será libre.
7.
Presentación dos traballos:
7.1. Os deseños
presentaranse en papel DIN-A4: nun papel a versión a cor e noutro a versión en
branco e negro. En ambos debuxos debe constar o nome completo do autor/a e o
curso ao que pertence na parte de atrás da folla.
7.2. Os traballos
entregaranse ao departamento de plástica (Lucía Sesto).
7.3. A data límite de
entrega será o luns 23 de Marzo de 2015.
8.
Premios:
8.1. No xurado haberá representantes de infantil, primaria,
secundaria, equipo directivo e normalización lingüística e estará presidido
pola xefa do departamento de plástica.
8.2. Primeiro premio: O/a gañador/a do primeiro premio
recibirá un diploma, unha tarxeta regalo por valor de 100 euros nun
establecemento por concretar e o privilexio de ter o seu deseño representando
ao centro.
8.3. Segundo e terceiro
premio: Os/as autores/as dos dous traballos finalistas recibirán un diploma e
unha selección de material escolar.
8.4. Excepcional e xustificadamente, o xurado poderá declarar
deserto calquera dos premios.
9. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do centro.
10. O centro terá dereito ao uso, exposición ou publicación
dos traballos presentados.
11. A presentación dos traballos supón a aceptación destas
bases.