AS ORIXES DE SAN VALENTÍN
Os alumnos de 1º da ESO do
colexio A xunquiera , en San Valentín (Fene), estivemos traballando na
materia de Atención Educativa, sobre un tema que nos pareceu interesante porque
ten algo que ver con nós. Decidimos averiguar cal é a orixe de San Valentín.
Pero non só o que se refire á festividade, senón tamén o que ten que ver co
nome do noso barrio.
Asi que organizámonos para
facer as pesquisas repartíndonos o traballo.
Comezamos polo principio,
buscamos en internet toda a información posible sobre o tema, e logo a puxemos
en común.
Radio Fusión Fene fíxonos unha entrevista que podedes escoitar no seguinte ENLACE.
Esto é o que descubrimos:
Por que esta festividade se celebra a mediados de
febreiro?
Existen
moitas teorías que tratan de explicar porque San Valentín se celebra a mediados
de febreiro.
Nos
países nórdicos é durante estas datas cando se emparellan e aparean os paxaros,
de ahí que este periodo se vexa coma un símbolo de amor e de creación.
Entre o 3 e o 15 de febreiro, unhas 5 semanas antes da
chegada da primaveira, os romanos celebraban a festa de Lupercalia. Era moi
popular entre os xóvenes que a celebraban con danzas e bailes e se prolongou
durante varios séculos en Roma.
No século III tivo lugar a
execución de dous homes chamados Valentín, por non querer renunciar á súa fe
católica; casualmente os dous morreron un 14 de febrero, e dicir coincidindo
coa celebración das famosas festas romanas.
Que eran as lupercales ?
A festa pagá
das Lupercales se celebraba dende a Antiga Roma
en honor a Lupercus, unha divinidade
con figura de cabra e deus da fertilidade que era protectora dos pastores e seus rebaños. A
festa se facía tamén coma homaxe á loba que amamantou aos xemelgos Rómulo
e Remo (destinados a fundar Roma segundo as antigas lendas).
Os homes sacrificaban animais en
honor do seu deus , e os xovenes levaban
a cabo un sorteo para escoller o nome da rapaza que se convertiría na súa
compañeira durante ese ano. Eran unhas festas moi populares que tiñan gran
seguemento e a súa celebración se
prolongou durante varios séculos. Esto poido convertir a Lupercus nunha especie
de patrón dos namorados.
Pero quen foi
San Valentín?
De acordo cos historiadores o nome da nosa celebración
actual, San Valentín, podería ter a súa orixe na antiga Roma.
O certo é que hai varios homes chamados Valentín
que se cree que deron orixe a este santo
As versions sobre a verdadeira identidade do santo
Valentín son moi incertas e posiblemente ata se acabaron mezclando dando lugar
a lenda que chegou ata nos. Algunhas das versions dín o siguinte :
• Foi un sacerdote romano
(italiano), morto no ano 273. Moi venerado en Francia, sobre todo na diócese de
Jumièges
• Foi un bispo da cidade de
Interamna (hoxe Temi, Italia), onde se atopan os restos do corpo conservados
nunha basílica que leva o seu mesmo nome, e onde o 14 de febreiro é a festa
patronal
• Foi un mártir da provincia
romana de África, durante a conquista romana de África.
• Outra variante histórica de esta versión é a que
conta que Valentín foi un romano devenido en mártir por negarse a renunciar a
súa fe cristiana e intentar colaborar cos cristiáns para que poideran escaparse
dos cárceres de Roma e que súa morte tería sido o 14 de febreiro, no 270 ou 269
.
Entón, cal deles é San Valentín?
Non se sabe moi ben quen foi San Valentín. É tan dubidosa
a súa historia que algúns chegaron a afirmar que as lendas acerca deles foron
inventadas e que en realidade o santo nunca existiu.
Pero segundo os historiadores parece ser que o emperador Claudio II, que reinou
no século III D.C. mandou executar
dous homes, que se chamaban Valentín, o mesmo día 14 de febreiro pero en anos distintos.
Un
deles podería ser un Romano chamado Valentín que se converteu en mártir por
terse negado a renunciar a súa fe cristiana e tras ser torturado, foi mandado
executar. Morreu o día 14 de febreiro, 269 D.C
Outros relatos históricos
afirman que San Valentín tería servido como cura no templo durante o reinado de
Claudio II, cando o emperador decidiu que os homes xóvenes deberían todos ser
soldados e prohibía o matrimonio porque segundo el, isto impedíalles
desenvolver de maneira axeitada o seu labor militar por ter responsabilidades
familiares. Valentín daríase conta da inxusticia do decreto e seguiría
dirixindo o rito do matrimonio para as parellas xóvenes en secredo, ata que foi
descoberto por Claudio quen o
encarceraría por desafío e o mandaría executar
O santo cuxa festividade caeu na data coñecida hoxe como
Día de San Valentín, foi posiblemente un destes mártires executados durante o reinado do Emperador Claudio II.
Onde
están os restos de San Valentín?
Os restos mortais do bispo que podería ser
considerado San Valentín conservanse actualmente na Basílica do seu mesmo nome
que está na cidade italiana de Terni. Cada 14 de febreiro celebrase neste
templo, un acto de compromiso por parte de diferentes parellas que queren
unirse en matrimonio ao ano siguinte.
Existiu
tamén no século V un bispo
chamado Valentín de Recia, enterrado en Mais, cerca
de Merano, no Tirol italiano. No século VIII seu corpo foi
trasladado a Passau en Baviera. En Alemania os católicos ténenlle moita devoción e é invocado para
curar a epilepsia. A partir do século XV representaselle cun neno tendido
aos seus pes.
Crese
que o sacerdote e o bispo Valentín están enterrados na Via Flaminia nas aforas de Roma. No
século II, a porta da cidade romana coñecida en tempos antigos como a Porta Flaminia (agora chamada
a porta del popolo) era coñecida como a Porta de San Valentín. Un cráneo atribuido a "San Valentín
Mártir" consérvase dentro dunha furna de cristal, á vista dos fieis, na
Basílica de Santa Maria in Cosmedin en Roma.
Segundo a lenda, prantouse un Almendro de frores rosadas
xunto á súa tumba. Oxe, a árbore de améndoas é un símbolo de amor e amistazade
duradeiros.
Por que San valentin é o patrón
dos namorados?
O sacerdote
Valentín adquiriu gran prestixio en tódala cidade por protexer os namorados
e oficiar bodas segredas entre os xóvenes . Tras ser
descoberto polo emperador, foi mandado
executar e se convertui nun martir e nun referente para tódolos namorados.
Alomenos, esta foi a historia difundida pola Igrexa
Católica para xustificar que San Valentín fora o patrón dos namorados e que se
deixara de celebrar así a festa das lupercales.
A misión de condear ao
sacerdote tivo que levala acabo o lugartenente, Asterius. Éste, empezou por
burlarse da relixión cristiá pero el e toda a súa familia acabaron
convertíndose ao cristianismo. Aínda así non puido evitar que Valentín
fora executado un 14 de febreiro.
Segúndo
a lenda, mentras estivo encerrado, Valentín namorouse da filla do seu
carcereiro. A véspera da súa execución, enviou unha nota de despedida á rapaza
na que asinou coas palabras “do teu Valentín”, de ahí a orixe das cartas de
amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de
despedida “From Your Valentine”; coñecida en todo o mundo adxunta en miles de
postaies de San Valentín.
Cando se empeza a celebrar San Valentín?
O Día de San Valentín, como sinónimo do día dos
namorados empezouse a celebrar quince
séculos atrás. Cando Roma se convertiu de pagana a semi-cristiana, os líderes
da Igresia vendo que era imposible facer
olvidar os ídolos e as festas aos seus novos conversos, decidiron optar por un
método moi eficaz: cambiar o nome dos deuses pagáns e as súas celebracións por
otras de carácter cristian. Fóronse eliminando paulatinamente tódalas
celebracións paganas, que foron substituídas ou reconvertidas en festas
relixiosas. Así, cambiaron o nome de tódolos deuses e tódalas festas paganas
por festas criatianas. O Papa Gelasio I decidiu
celebrar unha festividade católica co fín de anular e prohibir as festas en
honor a Lupercus. A igrexa católica
buscou un santo que poidera substituir ao antigo deus pagano e recuperou
a historia dos Valentín executados no século III. Posto que a data das súas
mortes coincidía xusto o día antes da
celebración da festa pagana das lupercales, a Santa Sede canonizou a San
Valentín 200 anos despois da súa morte, e o nomeou patrón dos namorados.
A festa de San Valentín foi declarada por
primeira vez o redor do ano 498 polo
papa Gelasio I. O certo e que as datas oscilan entre os anos 484 e 496
segundo as fontes consultadas
A
festividade de San Valentín foi celebrada pola igrexa católica cada 14 de
febreiro ata 1969. A
festividade borrouse do calendario
eclesiástico como parte dun intento por eliminar santos dunha orixe
posiblemente lendaria, pasando a ser esta unha data con santo pero sen
celebración.
Na
actualidade segue sendo celebrada
localmente por algunhas parroquias. Tamén é venerado como santo
pola igrexa Ortodoxa e pola Igrexa Anglicana.
No ano
2014, o Papa Francisco decidiu participar da celebración de San Valentín,
nun intento por devolverlle o sentido relixioso a esta festividade xurdida como
dixemos para contrarrestar as pagás Lupercales.
Como se
relaciona cupido con san Valentín?
A festa de San
Valentín incluiu a ‘Cupido’, un meniño con ás que leva un arco con
frechas. As tarxetas de San Valentín levan non soamentes flores e
corazóns senón tamén debuxos do famoso neno que voa e lanza as súas frechas aos
namorados. ¿Pero cal é a orixe deste Cupido?
Na mitoloxía romana, Cupido é o deus do amor.
Equivale ao Eros da mitoloxía grega, e a Kamadeva na mitoloxía hindú. É
fillo de Venus e de Marte. Adxudícaselle a creación de amores e paixóns entre
os mortais e soe ser representado por un neno alado (parecido a un anxo da
mitoloxía cristiá). Ao ser fillo dos deuses da guerra e do amor, Cupido resulta
ser o deus dos namorados, creando desta maneira un balance entre o amor e a
traxedia.
Cal é a orixe das cartas de amor
de San Valentín?
As cartas de amor son o xeito máis antigo usado por homes e mulleres de deixar saber ao
ser amado cales son os seus pensamentos
máis profundos. A pesar de escribir a
diario, a calquera hora, o certo é, que unha declaración de amor permanece
sempre máis enraizada na alma da persoa que a recibe un 14 de febreiro. Este
día é moi especial, é o día dos namorados.
O costume de entregar cartas de amor e poemas románticos
vén de lonxe, polo que temos que viaxar ao período romano para saber cal é a
súa orixe.
Segundo a lenda, que foi transmitida oralmente e da que non hai ninguna
testemuña, mentres estivo cativo, Valentín namorouse da filla do seu
carcereiro. A véspera da súa execución,
que foi un 14 de febreiro, enviou unha nota de despedida á rapaza na que asinou
coas palabras “do teu Valentín”. Esta podería ser a orixe das cartas de amor e
poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida
“From Your Valentine”; coñecida en todo o mundo adxunta en miles de postais de
San Valentín.
Pero
o certo é que o envío de mensaxes de amor non era un costume na Idade Media.
Parece que foi a finais da época medieval cando Shakespeare comenzou a romantizar e a popularizar no Reino Unido e o resto de Europa, as tarxetas
de papel con mensaxes amorosos. A tradición foi exportada ao Novo Mundo e coa
aparición da revolución industrial
masificouse a produción de tarxetas amorosas. Como nota curiosa,
indicar que o primeiro rexistro que existe sobre a comercialización de esta
data é o que sinala á norteamericana Esther A. Howland como a precursora da
venda de tarxetas regalo con motivos románticos e debuxos de namorados que
ideou e realizou a mediados da década de 1840, vendéndoas por uns centavos na
librería que rexentaba o seu pai en Worcester (Massachusetts) e que se converteron
en todo un éxito. Posteriormente acompañou estas tarxetas cunha caixa de bombóns
con forma de corazón.
Pero realmente foi en 1913 cando
Hallmark comenzou a inundar anualmente o mercado con este tipo de detalles
durante o 14 de febreiro.
A
festividade relixiosa estívose celebrando ao longo dos seguintes quince séculos
(ata 1969) cando baixo o pontificado de Pablo VI a Igrexa Católica decidiu
eliminar San Valentín como festividade do calendario.
Pero por aquel entón a
comercialización do Día de San Valentín como data do Día dos Namorados xa
estaba totalmente instaurada na sociedade de consumo
Quedou así inaugurada unha
costume que hoxe, xa sexa por amor ou por simple consumo, move millóns de
dólares.
Tamén está
quen adxudican a orixe da celebración a Carlos, duque de Orleans, capturado
polos ingleses no ano 1415 na guerra contra Francia. Preso na Torre de
Londres, dedicouse á poesía cun estilo
refinado e purista, que reflectía a melancolía polo seu encerro. Nunha carta á
súa esposa, firmou coma "teu Valentín" e esta "tarxeta", a
mais antiga que se coñece, conservase no Museo Británico.
Por que se fan agasallos por San Valentín?
A
pesar do que moitos poidan pensar, non foron os grandes almacéns os que puxeron
de moda facer agasallos na festa de San Valentín, aínda que hai que recoñecer
que souberon aproveitar habilmente a importancia que ten esta data para
sacarlle partido económico.
Se
dan agasallos no día dos namorados para celebrar o amor das parellas.
O
comercio fai actualmente diferentes produtos en forma de corazóns, receitas
afrodisíacas e roupa de lencería fina.
Pero
temos que remontarnos a uns cantos séculos atrás para comprender como naceu
esta tradición.
Na antiga Roma celebrábase a adoración de Cupido, deus do
amor. Co fin de obter os favores do deus, facíanselle agasallos e ofrendas para
conseguir así atopar o namorado ideal.
Na
época do sacerdote Valentín, os soldados a forma de gratitude, facíanlle chegar
agasallos de agradecemento por telos casado as agachadas.
Evidentemente estas mostras
de gratitude se perderon co paso do tempo e terían desaparecido se non fora que
durante os séculos XVII y XVIII en Inglaterra e en Francia retómanse
os costumes populares asociados ao día de San Valentín, consagrando este día aos
namorados, e poñendo de costume o intercambio de agasallos e cartas de amor. Os
norteamericanos adoptaron o costume a principios do século XVIII, xa que os
avances da imprenta e o baixón nos prezos do servizo postal permitiron o envío
de saúdos por San Valentín. O redor de 1840, Esther A. Howland comenzou
a vender as primeiras tarxetas postais masivas de San Valentín en Estados
Unidos.
Os comerciantes utilizaron esta festividade medio pagá e medio relixiosa, e a converteron nun
día perfecto para aumentar as súas vendas. Flores, postais, poemas de amor,
dedicatorias, bombóns e agasallos de todo tipo realízanse neste data ao ser
querido para demostrar o seu amor e amizade.
Como se celebra nos outros países?
A festa de San Valentín é moi popular nos países
de fala inglesa como Gran Bretaña. En Inglaterra celebrouse na antigüidade a “festa dos
Valentinus” onde homes e mulleres elexíanse para formar parella e logo casarse.
Nos Estados Unidos a celebración foi importada
polos británicos no século XIX. Son
famosos os “Valentins”, tarxetas de felicitación que os nenos elaboran ese día
e intercambian cos seus amigos. Colocan tódolos “Valentins” nunha caixa
decorada para a ocasión e ao final do día, distribúen cada unha a o seu
destinatario. Para facelos utilizan manteliños de papel, papel vermello, papel
tapiz, e fotografías recortadas das revistas.
Os estudantes de mais idade, celebran bailes e festas de San
Valentín. Preparan canastas de dulces, regalos e tarxetiñas de mesa decoradas
con corazóns e Cupidos. Mucha xente envía flores, doces, ou outros regalos a os
seus namorados. Moitas caixas de chocolate teñen forma de corazón e unha cinta
vermella.
En moitos países de Latinoamérica se celebra o
día dos namorados ou día da amizade en datas distintas pero mantendo o costume
de regalar chocolates e enviar mensaxes de amor ou amizade.
En países asiáticos coma China esta celebración
non ten moita tradición. O “Qi Qiao Jie” o “Día para mostrar las habilidades” celébrase o sétimo día do sétimo mes do
calendario lunar. Regálanse rosas que teñen significado diferente en
función do número de flores enviado.
Na India están
prohibidas estas prácticas porque contaminan a súa cultura e en Arabia Saudí a
policía relixiosa prohibiu a venda de calquera artígo de San Valentín por ser
considerada como unha data católica. Calquera obxecto vermello foi eliminado
das tendas.
Cal é a orixe do nome do noso barrio?
A medida que traballabamos
neste proxecto e investigabamos sobre as orixes do San Valentín, fómonos
interesando pouco a pouco sobre por que o noso barrio tamén leva ese nome.
Ao principio non sabiamos
como obter información que nos respondera a esta pregunta, así que comezamos
polo máis próximo.
Os rapaces preguntaron nas
súas casas aos seus avós e trataron de comprobar si algunha destas persoas
maiores podía ter noticias de como se lle puxera ese nome a este barrio.
Falamos con María, profesora
de 6º de primaria que nos ofreceu a
importante colaboración dos seus alumnos. Con grande interese colaboraron con
nos facendo pesquisas entre os seus familiares.
Os resultados iniciais foron
os seguintes:
“Este barrio se chama así
porque empezou a construírse un 14 de febreiro, día de San Valentín” segundo unha
amiga da avoa de Marta e tamén segundo lle dixeron a Mathías.
“Había una capela nesta zona
antes da construción da barriada que podía ter ese nome, pero agora xa non
existe” segundo o que lle contaron a Lan
“Puxéronlle este nome porque
un dos socios da cooperativa de vivendas se chamaba Valentín” contáronlle a
María e a Lara a quen lle dixeron tamén “que hai una praza que leva seu nome”
Rubén obtivo una información
moi detallada “ En 1967 nunha asemblea Xeral celebrada na Casa Sindical de Fene,
coa asistencia do Xefe da Obra Sindical de Cooperación, noméase a primeira
Xunta de goberno que consta dun presidente, un secretario, un tesoureiro e 4
vogais. Rexístrase entón como Cooperativa de vivendas san Valentín e
de aí o nome posterior da nosa parroquia”.
Ademais unha amiga da avoa
de Lara engade “ que foi o día 31 de decembro de 1976 cando foi bautizada como
parroquia pola arquidiocese de Santiago de Compostela, no bloque nº 10, nunha capela que neste momento non existe xa”
Xuntamos así unha grande
cantidade de información moi útil, pero ao mesmo tempo algo confusa, porque
existen datos concretos sobre porque se lle pon o nome deste santo e non
outro calquera.
Intentamos entón obter
información por outros procedementos. Dirixímonos ao concello. Como non era
fácil desprazarse ata alí, decidimos contactar telefonicamente.
Falamos en primeiro lugar
coa persoa encargada dos arquivos. Moi amablemente nos informa de que non ten
constancia de ningunha información ao respecto do porque do nome, pero nos dá
moitos detalles da relación da construción da barriada coa necesidade de
persoal novo para traballar nos astaleiros de Astano que na época eran una
empresa moi importante. Ofrécese a coméntalo cos seus compañeiros que nese
momento están ausentes, e quedamos en volver a falar á semana seguinte.
Dispostos a chegar ata o
final decidimos seguir pola nosa conta as pesquisas.
En primeiro lugar imos onda
o cura do noso centro para saber si el ten algunha información sobre a existencia
desa mencionada capela que supostamente tería estado nos terreos
correspondentes a actual barriada, antes da súa contrución. A súa resposta nos
aclara algo “ É certo que se comenta a existencia desa capela pero non hai
constancia de cal puido ter sido seu nome e polo tanto non podemos considerar
que poida ter dado orixe ao nome do barrio. Nin sequera se pode dicir que
existira a capela de verdade”.
Descartamos entón esa vía, e
seguimos buscando outras posibles orixes.
Contactamos de novo co concello,
pero non conseguimos falar coa encargada dos arquivos. Preguntamos entón pola
concelleira de cultura. Contámoslle o proxecto e o noso interese por buscar
unha resposta a esa pregunta, e nos indica que vai tratar de axudarnos e que se
poñerá en contacto con nos en canto teña
algo.
Non tarda nada en devolver a
chamada, e nos conta que falou cunha persoa que pode darnos información de
primeira man para aclarar este tema. Despois de agradecer a súa amabilidade,
dispoñémonos a falar con esta señora.
Chamamos por teléfono e nos presentamos.
Despois de contarlle a esta
muller chamada Irene que temos moito interese por saber cal é a orixe do nome
do noso barrio, accede a contarnos o que ela sabe. O primeiro que temos que
dicir é que ela nos da información de primeira man porque estaba presente o día
da constitución da cooperativa, xa que ela mesma e a muller do presidente
fundador Maximino Souto Balado.
Segundo ela, existían
daquela xa varias cooperativas con nomes de santo. Cando empezan a barallar
nomes para a súa propia, caen na conta de que para alí vai vir vivir moita
xente nova recen casada ou a piques de pasar polo altar. Con moito sentido do humor, como ela mesmo afirma, despois de manexar varias posibilidades
propoñen chamar esta nova cooperativa San Valentín, porque alí supoñíase que a
xente estaba moi namorada. A proposta parécelles ben a todos; ademais tendo en
conta cun dos vogais se chamaba casualmente Valentín, despois de sometelo a
votación, queda aprobado e decídese poñer o nome de San Valentín á cooperativa,
que quedará así inscrita no rexistro no
ano 1967.
Xa coñecemos a orixe do nome
do barrio no que se atopa o noso centro. Misión cumprida!!!
Grazas Irene!!!
Pero conseguimos saber
algunha outra cosa que tamén queremos contarvos.
Seguindo coas nosas
pesquisas conseguimos averiguar que existen en
Cabanas, Pontedeume unhas casas que pertencen á cooperativa San
Valentín, o mesmo que os dous edificios brancos que hai en Caranza, Ferrol.
Tamen en Perlío, na zona da ferretería Aguilar, está construído o economato de
Astano e varias desas casas pertencen igualmente á cooperativa.
Moitos foron os edificios
que se fixeron daquelas, e moita a xente que viu instalarse na comarca. Os
terreos que ocuparon estes edificios foran cedidos por Astano para a construción
de vivendas para os traballadores da empresa. Estes terreos pertencían a dúas
parroquias diferentes, a de Perlío e a de Barallobre. Segundo que se conta,
isto provocou enfrentamentos entre ámbalas dúas pola súa titularidade. Contan
como anécdota que existía una casa que tiña a cociña nunha parroquia e a sala
noutra. O caso é que para aclarar este tema, tiveron que intervir o Cardenal
Palacios e Monseñor Suquía.
Non se consigue aplacar os
ánimos, ata que tras una visita ao Arcebispado de Santiago, o Bispo decide vir
e nomear San Valentín parroquia propia bautizándoa coma Parroquia de San
Valentín en 1976, e solucionando así o tema.
E así remata o noso traballo
de investigación. Xa sabemos quen é San Valentín; por que se celebra ese día o
día dos namorados tamén chamado da amizade nalgúns países; que relación ten
este festexo coas celebracións pagás da antiga Roma; pero sobre todo sabemos
por que o noso barrio ten este nome tan chamativo e pouco común.
Esperamos que vos teña
gustado o noso traballo e que vos servirá para aprender algunha cousa. Nos fixémolo con moito entusiasmo.
Ahh!!! Grazas a tódalas
persoas que nos axudaron coa súa colaboración directa ou indirecta, e aos
profes que nos apoiaron.
Esto é o que descubrimos:
Tamén está quen adxudican a orixe da celebración a Carlos, duque de Orleans, capturado polos ingleses no ano 1415 na guerra contra Francia. Preso na Torre de Londres, dedicouse á poesía cun estilo refinado e purista, que reflectía a melancolía polo seu encerro. Nunha carta á súa esposa, firmou coma "teu Valentín" e esta "tarxeta", a mais antiga que se coñece, conservase no Museo Británico.