Isto é E.S.O.
Actividades, novas, concursos e moito máis. Todo o que pensamos que pode ser do interese dos alumnos do CPI. A Xunqueira.
12 de decembro de 2017
19 de abril de 2015
Vamos a Paris
Chegou o día !!!
Maña marchamos e estamos moi ilusionados coa nosa viaxe.
Levamos tempo preparándoa e esperamos que todo saia segundo o previsto. Imos ver moitos monumentos e lugares interesantes, así que chicos e chicas descansade ben esta noite, que maña nos espera un día moi movidiño.
Non esquezades ningunha das recomendacions que se vos foron dando, e sobre todo, lembrade traer con vos os papeis (DNI, pasaporte e tarxeta sanitaria) porque senon vos deixamos en terra !!!
Só nos quedan unhas horas e estaremos alí.
Disfrutade co soño, que maña será realidade....
 demain!
17 de abril de 2015
OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
O Venres 17 de Abril visitáronnos alumnos/as do IES Fraga do Eume acompañados por un dos seus profesores para levar a cabo un Obradoiro de bebidas saudables.O obradoiro levouse a cabo no laboratorio do centro e comezou cunha pequena charla sobre os perigos do consumo de alcohol, os hábitos pouco saudables que acompañan o seu consumo e as consecuencias que este consumo pode chegar a ter nas nosas vidas.
A continuación ensináronnos a preparar algúns cócteles e batidos saudables que todos probamos.
Moitas grazas pola vosa visita!
20 de outubro de 2014
Dia mundial do
lavado das mans
Como
nace o dia mundial do lavado das mans?
No
2001 alguns expertos en hixiene e sanitización de todo o mundo
decidiron formar a "Alianza Global entre los Sectores Público y
Privado para Promover el Lavado de Manos" (PPPHW polas súas
siglas en inglés) co obxectivo de promover o lavado de mans e
diminuir os casos de enfermidade e morte.
Por
que é importante lavarse as mans?
O
lavado de mans con xabón pode evitar enfermidades coma diarreas e
infeccións respiratorias que matan a millóns de nenos e nenas cada
ano.
Cando
hai que lavar as mans?
Os
momentos críticos para o lavado de mans con xabón son despóis de
usar o baño ou de limpar a un neno e antes de manipular alimentos.
Existen
ademáis outra situacións nas que o lavado de mans é recomendable:
Despois
de tocar animais e mascotas.
Despois
de visitar e de coidar persoas enfermas.
Antes
e despois de curar unha ferida.
Despois
de acudir a un centro de saúde.
Despois
de estar xogando na rúa.
Despois
de utilizar un medio de transporte colectivo ou acudir a un espazo
público.
Cando
se teñan tocado manillas de porta ou barandillas de escaleiras.
Despois
de manexar cartos.
Como
lavar as mans correctamente?
Duración
do lavado: entre 40 e 60 segundos.
1.
Molla as mans.
2.
Aplica suficiente xabón para cubrir todas as superficies das mans.
3.
Frota as palmas das mans entre sí.
4.
Frota a palma da man dereita contra o dorso da man esquerda
entrelazando
os dedos, e viceversa.
5.
Frota as palmas das mans entre sí, cos dedos entrelazados.
6.
Rodeando o pulgar esquerdo coa palma da man dereita, frótao
cun
movemento de rotación e viceversa.
7.
Frota a punta dos dedos da man dereita contra a palma da
man
esquerda, facendo un movemento de rotación e viceversa.
8.
Enxógate as mans.
9.
Sécaas cunha toalla dun só uso. Utiliza a toalla para pechar a
billa.
10.
Túas
mans son seguras.
Podemos
ver o seguinte video:
Como
lavo as mans se non teño xabón?
Se
nos atopamos nun lugar onde non dispoñemos de xabón, resulta máis
eficaz limpar as nosas mans baixo o chorro de auga por arrastre que
frotándoas.
Como
pode cambiar a conducta do lavado de mans ás persoas?
Numerosos
estudios demostraron que o lavado de mans con xabón diminúe de
maneira importante a propagación de enfermedades infecciosas.
É
polo tanto indispensable que esta práctica tan común se convirta
nunha rutina. Teñamos presente que os xóvenes son o obxectivo
principal desta campaña mundial xa que logo os nenos e nenas son os
axentes do cambio de hábitos levando aos seus fogares e comunidades
as boas prácticas de hixiene que teñen aprendido na escola.
A
súa activa participación e a súa sensibilización cultural buscan
asegurar un cambio de comportamento sostible.
Nenos,
nenas, profesores, pais, nais, celebridades, gobernantes, membros da
sociedade en xeral, todos podemos participar na celebración do Día
Mundial Do Lavado Das Mans e tomar conciencia da importancia que ten
esta práctica.
As
mans limpas salvan vidas !
Para
mayor información, por favor visite:
3 de outubro de 2014
21 de setembro de 2014
PRESENTACIÓNS DIXITAIS
Actualmente existen moitísimas páxinas en Internet para facer presentacións ademáis dos famosos Power-point que xa todos coñecedes: Presentacións animadas, en 3D, en formato revista... Calquera delas é unha boa opción para romper a monotonía e facer que os vosos traballos destaquen. Alguén se atreve a probálas?
Todas estas aplicacións precisan de que vos rexistredes como usuarios, pero se tedes conta en Gmail tedes a vosa disposición un montón de aplicacións propias de Google para facer presentacións, Sites, Blogs, gardar os vosos arquivos, búsqueda de imaxes ou vídeos... Anímovos a que tomedes tempo para probalas e coñecelas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)