OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
O Venres 17 de Abril visitáronnos alumnos/as do IES Fraga do Eume acompañados por un dos seus profesores para levar a cabo un Obradoiro de bebidas saudables.O obradoiro levouse a cabo no laboratorio do centro e comezou cunha pequena charla sobre os perigos do consumo de alcohol, os hábitos pouco saudables que acompañan o seu consumo e as consecuencias que este consumo pode chegar a ter nas nosas vidas.
A continuación ensináronnos a preparar algúns cócteles e batidos saudables que todos probamos.
Moitas grazas pola vosa visita!