CONCURSOS





- Concurso para rapaces de 14 a 18 anos.
- Participa gravando un vídeo de 3 minutos de duración máxima onde nos mostres como te imaxinas o futuro a través da tecnoloxía.
- Formarás parte da elaboración da nova Axenda Dixital – Horizonte 2020 e ademais se resultas un dos gañadores recibirás unha tableta. Os vídeos serán publicados nas redes sociais da Amtega onde poderáa elexir os teus favoritos.
- Prazo ata o 30 de Novembro.
__________________________________________________________________________________




BASES DO CONCURSO:

1.     Poderán participar todos os alumnos/as da ESO do CPI A Xunqueira.
2.     A forma de participación será individual.
3.     Os deseños deben de tentar representar ao CPI A Xunqueira (a través dun debuxo sinxelo) e integrar o texto “CPI A Xunqueira – Fene”
4.     Os traballos deberán ser orixinais, quedando excluído calquera traballo que copie total ou parcialmente outros deseños existentes.
5.     De cada deseño presentarase unha versión en cor e outra en branco e negro.
6.     A técnica será libre.
7.     Presentación dos traballos:
7.1.    Os deseños presentaranse en papel DIN-A4: nun papel a versión a cor e noutro a versión en branco e negro. En ambos debuxos debe constar o nome completo do autor/a e o curso ao que pertence na parte de atrás da folla.
7.2.    Os traballos entregaranse ao departamento de plástica (Lucía Sesto).
7.3.    A data límite de entrega será o luns 23 de Marzo de 2015.
8.     Premios:
8.1.    No xurado haberá representantes de infantil, primaria, secundaria, equipo directivo e normalización lingüística e estará presidido pola xefa do departamento de plástica.
8.2.    Primeiro premio: O/a gañador/a do primeiro premio recibirá un diploma, unha tarxeta regalo por valor de 100 euros nun establecemento por concretar e o privilexio de ter o seu deseño representando ao centro.
8.3.     Segundo e terceiro premio: Os/as autores/as dos dous traballos finalistas recibirán un diploma e unha selección de material escolar.
8.4.    Excepcional e xustificadamente, o xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
9.     Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do centro.
10. O centro terá dereito ao uso, exposición ou publicación dos traballos presentados.
11.       A presentación dos traballos supón a aceptación destas bases.