SAN VALENTÍN





AS ORIXES DE SAN VALENTÍN

Os alumnos de 1º da ESO do colexio A xunquiera , en  San  Valentín (Fene), estivemos traballando na materia de Atención Educativa, sobre un tema que nos pareceu interesante porque ten algo que ver con nós. Decidimos averiguar cal é a orixe de San Valentín. Pero non só o que se refire á festividade, senón tamén o que ten que ver co nome do noso barrio.
Asi que organizámonos para facer as pesquisas repartíndonos o traballo.
Comezamos polo principio, buscamos en internet toda a información posible sobre o tema, e logo a puxemos en común.
Radio Fusión Fene fíxonos unha entrevista que podedes escoitar no seguinte ENLACE.

Esto é o que descubrimos:
Por que esta festividade se celebra a mediados de febreiro?
Existen moitas teorías que tratan de explicar porque San Valentín se celebra a mediados de febreiro.
Nos países nórdicos é durante estas datas cando se emparellan e aparean os paxaros, de ahí que este periodo se vexa coma un símbolo de amor e de creación.
Entre o 3 e o 15 de febreiro, unhas 5 semanas antes da chegada da primaveira, os romanos celebraban a festa de Lupercalia. Era moi popular entre os xóvenes que a celebraban con danzas e bailes e se prolongou durante varios séculos en Roma.
No século III tivo lugar a execución de dous homes chamados Valentín, por non querer renunciar á súa fe católica; casualmente os dous morreron un 14 de febrero, e dicir coincidindo coa celebración das famosas festas romanas.
Que eran as lupercales ?
A festa pagá das Lupercales se celebraba dende a Antiga Roma  en honor a Lupercus, unha divinidade con figura de cabra e deus da fertilidade que era  protectora dos pastores e seus rebaños. A festa se facía tamén coma homaxe á  loba que amamantou aos xemelgos Rómulo e Remo (destinados a fundar Roma segundo as antigas lendas).
Os homes sacrificaban animais en honor do seu deus ,  e os xovenes levaban a cabo un sorteo para escoller o nome da rapaza que se convertiría na súa compañeira durante ese ano. Eran unhas festas moi populares que tiñan gran seguemento  e a súa celebración se prolongou durante varios séculos. Esto poido convertir a Lupercus nunha especie de patrón dos namorados.
Pero quen foi  San Valentín?
De acordo cos historiadores o nome da nosa celebración actual, San Valentín, podería ter a súa orixe na antiga Roma.
O certo é que hai varios homes chamados  Valentín  que se cree que deron orixe a este santo
As versions sobre a verdadeira identidade do santo Valentín son moi incertas e posiblemente ata se acabaron mezclando dando lugar a lenda que chegou ata nos.  Algunhas das versions dín o siguinte :
       Foi un sacerdote romano (italiano), morto no ano 273. Moi venerado en Francia, sobre todo na diócese de Jumièges
       Foi un bispo da cidade de Interamna (hoxe Temi, Italia), onde se atopan os restos do corpo conservados nunha basílica que leva o seu mesmo nome, e onde o 14 de febreiro é a festa patronal
       Foi un mártir da provincia romana de África, durante a conquista romana de África.
       Outra variante histórica de esta versión é a que conta que Valentín foi un romano devenido en mártir por negarse a renunciar a súa fe cristiana e intentar colaborar cos cristiáns para que poideran escaparse dos cárceres de Roma e que súa morte tería sido o 14 de febreiro, no 270 ou 269 .
Entón, cal deles é San Valentín?
Non se sabe moi ben quen foi San Valentín. É tan dubidosa a súa historia que algúns chegaron a afirmar que as lendas acerca deles foron inventadas e que en realidade o santo nunca existiu.
Pero segundo os historiadores parece ser  que o emperador Claudio II, que reinou no  século III D.C. mandou  executar  dous homes, que se chamaban Valentín, o mesmo  día 14 de febreiro pero en anos distintos.  
Un deles podería ser un Romano chamado Valentín que se converteu en mártir por terse negado a renunciar a súa fe cristiana e tras ser torturado, foi mandado executar. Morreu o día 14 de febreiro, 269 D.C
Outros relatos históricos afirman que San Valentín tería servido como cura no templo durante o reinado de Claudio II, cando o emperador decidiu que os homes xóvenes deberían todos ser soldados e prohibía o matrimonio porque segundo el, isto impedíalles desenvolver de maneira axeitada o seu labor militar por ter responsabilidades familiares. Valentín daríase conta da inxusticia do decreto e seguiría dirixindo o rito do matrimonio para as parellas xóvenes en secredo, ata que foi descoberto por Claudio  quen o encarceraría por desafío e o mandaría executar
O santo cuxa festividade caeu na data coñecida hoxe como Día de San Valentín, foi posiblemente un destes mártires executados  durante o reinado do Emperador Claudio II.

Onde están os restos de San Valentín?

Os restos mortais do bispo que podería ser considerado San Valentín conservanse actualmente na Basílica do seu mesmo nome que está na cidade italiana de Terni. Cada 14 de febreiro celebrase neste templo, un acto de compromiso por parte de diferentes parellas que queren unirse en matrimonio ao ano siguinte.
Existiu tamén no século V un bispo  chamado Valentín de Recia, enterrado en Mais, cerca de Merano, no Tirol italiano. No século VIII seu corpo foi trasladado a Passau en Baviera. En Alemania os católicos  ténenlle moita devoción e é invocado para curar a epilepsia. A partir do século XV  representaselle cun neno tendido aos seus pes.
Crese que o sacerdote e o bispo Valentín están enterrados na Via Flaminia nas aforas de Roma. No século II, a porta da cidade romana coñecida en tempos antigos como a Porta Flaminia (agora chamada a porta del popolo) era coñecida como a Porta de San Valentín. Un cráneo atribuido a "San Valentín Mártir" consérvase dentro dunha furna de cristal, á vista dos fieis, na Basílica de Santa Maria in Cosmedin en Roma.
Segundo a lenda, prantouse un Almendro de frores rosadas xunto á súa tumba. Oxe, a árbore de améndoas é un símbolo de amor e amistazade duradeiros.


Por que San valentin é o patrón dos namorados?
O sacerdote Valentín adquiriu gran prestixio en tódala cidade por protexer os namorados e  oficiar  bodas segredas entre os xóvenes . Tras ser descoberto  polo emperador, foi mandado executar e se convertui nun martir e nun referente para tódolos namorados.
Alomenos, esta foi a historia difundida pola Igrexa Católica para xustificar que San Valentín fora o patrón dos namorados e que se deixara de celebrar así a festa das lupercales.
A misión de condear ao sacerdote tivo que levala acabo o lugartenente, Asterius. Éste, empezou por burlarse da relixión cristiá pero el e toda a súa familia acabaron convertíndose ao cristianismo. Aínda así non puido evitar que Valentín fora  executado un 14 de febreiro.
Segúndo a lenda, mentras estivo encerrado, Valentín namorouse da filla do seu carcereiro. A véspera da súa execución, enviou unha nota de despedida á rapaza na que asinou coas palabras “do teu Valentín”, de ahí a orixe das cartas de amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida “From Your Valentine”; coñecida en todo o mundo adxunta en miles de postaies de San Valentín.

Cando se empeza a celebrar San Valentín?
O Día de San Valentín, como sinónimo do día dos namorados  empezouse a celebrar quince séculos atrás. Cando Roma se convertiu de pagana a semi-cristiana, os líderes da Igresia  vendo que era imposible facer olvidar os ídolos e as festas aos seus novos conversos, decidiron optar por un método moi eficaz: cambiar o nome dos deuses pagáns e as súas celebracións por otras de carácter cristian. Fóronse eliminando paulatinamente tódalas celebracións paganas, que foron substituídas ou reconvertidas en festas relixiosas. Así, cambiaron o nome de tódolos deuses e tódalas festas paganas por festas criatianas. O Papa Gelasio I decidiu celebrar unha festividade católica co fín de anular e prohibir as festas en honor a Lupercus. A igrexa católica  buscou un santo que poidera substituir ao antigo deus pagano e recuperou a historia dos Valentín executados no século III. Posto que a data das súas mortes  coincidía xusto o día antes da celebración da festa pagana das lupercales, a Santa Sede canonizou a San Valentín 200 anos despois da súa morte,  e o nomeou patrón dos namorados.
     A  festa de San Valentín foi declarada por primeira vez o redor do ano 498 polo  papa Gelasio I. O certo e que as datas oscilan entre os anos 484 e 496 segundo as fontes consultadas
A festividade de San Valentín foi celebrada pola igrexa católica cada 14 de febreiro ata 1969. A festividade  borrouse do calendario eclesiástico  como parte dun intento por eliminar santos dunha orixe posiblemente lendaria, pasando a ser esta unha data con santo pero sen celebración.
Na actualidade  segue sendo celebrada localmente por algunhas parroquias. Tamén é venerado como santo pola igrexa Ortodoxa e pola Igrexa Anglicana.
No ano 2014, o Papa Francisco decidiu participar da celebración de San Valentín, nun intento por devolverlle o sentido relixioso a esta festividade xurdida como dixemos para contrarrestar as pagás Lupercales.

Como se relaciona cupido con san Valentín?

 A festa de San Valentín incluiu a ‘Cupido’, un meniño con ás que leva un arco con frechas.  As tarxetas de San Valentín levan non soamentes flores e corazóns senón tamén debuxos do famoso neno que voa e lanza as súas frechas aos namorados.  ¿Pero cal é a orixe deste Cupido?
Na mitoloxía romana, Cupido é o deus do amor. Equivale ao Eros da mitoloxía grega, e a Kamadeva na mitoloxía hindú. É fillo de Venus e de Marte. Adxudícaselle a creación de amores e paixóns entre os mortais e soe ser representado por un neno alado (parecido a un anxo da mitoloxía cristiá). Ao ser fillo dos deuses da guerra e do amor, Cupido resulta ser o deus dos namorados, creando desta maneira un balance entre o amor e a traxedia.

Cal é a orixe das cartas de amor de San Valentín?
As cartas de amor son o xeito máis antigo  usado por homes e mulleres de deixar saber ao ser amado  cales son os seus pensamentos máis profundos.  A pesar de escribir a diario, a calquera hora, o certo é, que unha declaración de amor permanece sempre máis enraizada na alma da persoa que a recibe un 14 de febreiro. Este día é moi especial, é o día dos namorados.
O costume de entregar cartas de amor e poemas románticos vén de lonxe, polo que temos que viaxar ao período romano para saber cal é a súa orixe.
Segundo a lenda, que foi transmitida oralmente e da que non hai ninguna testemuña, mentres estivo cativo, Valentín namorouse da filla do seu carcereiro.  A véspera da súa execución, que foi un 14 de febreiro, enviou unha nota de despedida á rapaza na que asinou coas palabras “do teu Valentín”. Esta podería ser a orixe das cartas de amor e poemas que se envían os namorados na actualidade e da expresión de despedida “From Your Valentine”; coñecida en todo o mundo adxunta en miles de postais de San Valentín.
Pero o certo é que o envío de mensaxes de amor non era un costume na Idade Media. Parece que foi a finais da época medieval cando Shakespeare comenzou a romantizar e a popularizar no  Reino Unido e o resto de Europa, as tarxetas de papel con mensaxes amorosos. A tradición foi exportada ao Novo Mundo e coa aparición da revolución industrial  masificouse a produción de tarxetas amorosas. Como nota curiosa, indicar que o primeiro rexistro que existe sobre a comercialización de esta data é o que sinala á norteamericana Esther A. Howland como a precursora da venda de tarxetas regalo con motivos románticos e debuxos de namorados que ideou e realizou a mediados da década de 1840, vendéndoas por uns centavos na librería que rexentaba o seu pai en Worcester (Massachusetts) e que se converteron en todo un éxito. Posteriormente acompañou estas tarxetas cunha caixa de bombóns con forma de corazón.
Pero realmente foi en 1913 cando Hallmark comenzou a inundar anualmente o mercado con este tipo de detalles durante o 14 de febreiro.
A festividade relixiosa estívose celebrando ao longo dos seguintes quince séculos (ata 1969) cando baixo o pontificado de Pablo VI a Igrexa Católica decidiu eliminar San Valentín como festividade do calendario.
Pero por aquel entón a comercialización do Día de San Valentín como data do Día dos Namorados xa estaba totalmente instaurada na sociedade de consumo
Quedou así inaugurada unha costume que hoxe, xa sexa por amor ou por simple consumo, move millóns de dólares.

Tamén está quen adxudican a orixe da celebración a Carlos, duque de Orleans, capturado polos ingleses no ano 1415 na guerra contra Francia. Preso na Torre de Londres,  dedicouse á poesía cun estilo refinado e purista, que reflectía a melancolía polo seu encerro. Nunha carta á súa esposa, firmou coma "teu Valentín" e esta "tarxeta", a mais antiga que se coñece, conservase no Museo Británico. 

Por que se fan agasallos por San Valentín?
A pesar do que moitos poidan pensar, non foron os grandes almacéns os que puxeron de moda facer agasallos na festa de San Valentín, aínda que hai que recoñecer que souberon aproveitar habilmente a importancia que ten esta data para sacarlle partido económico.
Se dan agasallos no día dos namorados para celebrar o amor das parellas.
O comercio fai actualmente diferentes produtos en forma de corazóns, receitas afrodisíacas e roupa de lencería fina.
Pero temos que remontarnos a uns cantos séculos atrás para comprender como naceu esta tradición.
Na antiga Roma  celebrábase a adoración de Cupido, deus do amor. Co fin de obter os favores do deus, facíanselle agasallos e ofrendas para conseguir así atopar o namorado ideal.
Na época do sacerdote Valentín, os soldados a forma de gratitude, facíanlle chegar agasallos de agradecemento por telos casado as agachadas.
Evidentemente estas mostras de gratitude se perderon co paso do tempo e terían desaparecido se non fora que durante os séculos XVII y XVIII en Inglaterra e en Francia  retómanse os costumes populares asociados ao día de San Valentín, consagrando este día aos namorados, e poñendo de costume o intercambio de agasallos e cartas de amor. Os norteamericanos adoptaron o costume a principios do século XVIII, xa que os avances da imprenta e o baixón nos prezos do servizo postal permitiron o envío de saúdos por San Valentín. O redor de 1840, Esther A. Howland comenzou a vender as primeiras tarxetas postais masivas de San Valentín en Estados Unidos.
Os comerciantes utilizaron esta festividade medio  pagá e medio relixiosa, e a converteron nun día perfecto para aumentar as súas vendas. Flores, postais, poemas de amor, dedicatorias, bombóns e agasallos de todo tipo realízanse neste data ao ser querido para demostrar o seu amor e amizade.

Como se celebra nos outros países?
A festa de San Valentín é moi popular nos países de fala inglesa como Gran Bretaña. En Inglaterra  celebrouse na antigüidade a “festa dos Valentinus” onde homes e mulleres elexíanse para formar parella e logo casarse.
Nos Estados Unidos a celebración foi importada polos británicos no século XIX.  Son famosos os “Valentins”, tarxetas de felicitación que os nenos elaboran ese día e intercambian cos seus amigos. Colocan tódolos “Valentins” nunha caixa decorada para a ocasión e ao final do día, distribúen cada unha a o seu destinatario. Para facelos utilizan manteliños de papel, papel vermello, papel tapiz, e fotografías recortadas das revistas.
 Os estudantes de mais idade, celebran bailes e festas de San Valentín. Preparan canastas de dulces, regalos e tarxetiñas de mesa decoradas con corazóns e Cupidos. Mucha xente envía flores, doces, ou outros regalos a os seus namorados. Moitas caixas de chocolate teñen forma de corazón e unha cinta vermella.

En moitos países de Latinoamérica se celebra o día dos namorados ou día da amizade en datas distintas pero mantendo o costume de regalar chocolates e enviar mensaxes de amor ou amizade.
En países asiáticos coma China esta celebración non ten moita tradición. OQi Qiao Jie” o “Día para mostrar las habilidades”  celébrase o sétimo día do sétimo mes do calendario lunar. Regálanse rosas que teñen significado diferente en función do número de flores enviado.
Na India están prohibidas estas prácticas porque contaminan a súa cultura e en Arabia Saudí a policía relixiosa prohibiu a venda de calquera artígo de San Valentín por ser considerada como unha data católica. Calquera obxecto vermello foi eliminado das tendas.

Cal é a orixe do nome do noso barrio?
A medida que  traballabamos  neste proxecto e investigabamos sobre as orixes do San Valentín, fómonos interesando pouco a pouco sobre por que o noso barrio tamén leva ese nome.
Ao principio non sabiamos como obter información que nos respondera a esta pregunta, así que comezamos polo máis próximo.
Os rapaces preguntaron nas súas casas aos seus avós e trataron de comprobar si algunha destas persoas maiores podía ter noticias de como se lle puxera ese nome a este barrio.
Falamos con María, profesora de  6º de primaria que nos ofreceu a importante colaboración dos seus alumnos. Con grande interese colaboraron con nos facendo pesquisas entre os seus familiares.
Os resultados iniciais foron os seguintes:
“Este barrio se chama así porque empezou a construírse un 14 de febreiro, día de San Valentín” segundo unha amiga da avoa de Marta e tamén segundo lle dixeron a Mathías.
“Había una capela nesta zona antes da construción da barriada que podía ter ese nome, pero agora xa non existe” segundo o que lle contaron a Lan
“Puxéronlle este nome porque un dos socios da cooperativa de vivendas se chamaba Valentín” contáronlle a María e a Lara a quen lle dixeron tamén “que hai una praza que leva seu nome”
Rubén obtivo una información moi detallada “ En 1967 nunha asemblea Xeral celebrada na Casa Sindical de Fene, coa asistencia do Xefe da Obra Sindical de Cooperación, noméase a primeira Xunta de goberno que consta dun presidente, un secretario, un tesoureiro e 4 vogais. Rexístrase entón como  Cooperativa de vivendas san Valentín e de aí o nome posterior da nosa parroquia”.
Ademais unha amiga da avoa de Lara engade “ que foi o día 31 de decembro de 1976 cando foi bautizada como parroquia pola arquidiocese de Santiago de Compostela, no bloque nº 10,  nunha capela que neste momento non existe xa”
Xuntamos así unha grande cantidade de información moi útil, pero ao mesmo tempo algo confusa, porque existen datos concretos sobre porque se lle pon o nome deste santo e non outro  calquera.
Intentamos entón obter información por outros procedementos. Dirixímonos ao concello. Como non era fácil desprazarse ata alí, decidimos contactar telefonicamente.
Falamos en primeiro lugar coa persoa encargada dos arquivos. Moi amablemente nos informa de que non ten constancia de ningunha información ao respecto do porque do nome, pero nos dá moitos detalles da relación da construción da barriada coa necesidade de persoal novo para traballar nos astaleiros de Astano que na época eran una empresa moi importante. Ofrécese a coméntalo cos seus compañeiros que nese momento están ausentes, e quedamos en volver a falar á semana seguinte.
Dispostos a chegar ata o final decidimos seguir pola nosa conta as pesquisas.
En primeiro lugar imos onda o cura do noso centro para saber si el ten algunha información sobre a existencia desa mencionada capela que supostamente tería estado nos terreos correspondentes a actual barriada, antes da súa contrución. A súa resposta nos aclara algo “ É certo que se comenta a existencia desa capela pero non hai constancia de cal puido ter sido seu nome e polo tanto non podemos considerar que poida ter dado orixe ao nome do barrio. Nin sequera se pode dicir que existira a capela de  verdade”.
Descartamos entón esa vía, e seguimos buscando outras posibles orixes.
Contactamos de novo co concello, pero non conseguimos falar coa encargada dos arquivos. Preguntamos entón pola concelleira de cultura. Contámoslle o proxecto e o noso interese por buscar unha resposta a esa pregunta, e nos indica que vai tratar de axudarnos e que se poñerá  en contacto con nos en canto teña algo.
Non tarda nada en devolver a chamada, e nos conta que falou cunha persoa que pode darnos información de primeira man para aclarar este tema. Despois de agradecer a súa amabilidade, dispoñémonos a falar con esta  señora. Chamamos por teléfono e nos presentamos.
Despois de contarlle a esta muller chamada Irene que temos moito interese por saber cal é a orixe do nome do noso barrio, accede a contarnos o que ela sabe. O primeiro que temos que dicir é que ela nos da información de primeira man porque estaba presente o día da constitución da cooperativa, xa que ela mesma e a muller do presidente fundador Maximino Souto Balado. 
Segundo ela, existían daquela xa varias cooperativas con nomes de santo. Cando empezan a barallar nomes para a súa propia, caen na conta de que para alí vai vir vivir moita xente nova recen casada ou a piques de pasar polo altar.  Con moito sentido do  humor, como ela mesmo afirma,  despois de manexar varias posibilidades propoñen chamar esta nova cooperativa San Valentín, porque alí supoñíase que a xente estaba moi namorada. A proposta parécelles ben a todos; ademais tendo en conta cun dos vogais se chamaba casualmente Valentín, despois de sometelo a votación, queda aprobado e decídese poñer o nome de San Valentín á cooperativa, que quedará así  inscrita no rexistro no ano  1967.
Xa coñecemos a orixe do nome do barrio no que se atopa o noso centro. Misión cumprida!!!
Grazas Irene!!!
Pero conseguimos saber algunha outra cosa que tamén queremos contarvos.
Seguindo coas nosas pesquisas conseguimos averiguar que existen en  Cabanas, Pontedeume unhas casas que pertencen á cooperativa San Valentín, o mesmo que os dous edificios brancos que hai en Caranza, Ferrol. Tamen en Perlío, na zona da ferretería Aguilar, está construído o economato de Astano e varias desas casas pertencen igualmente á cooperativa.
Moitos foron os edificios que se fixeron daquelas, e moita a xente que viu instalarse na comarca. Os terreos que ocuparon estes edificios foran cedidos por Astano para a construción de vivendas para os traballadores da empresa. Estes terreos pertencían a dúas parroquias diferentes, a de Perlío e a de Barallobre. Segundo que se conta, isto provocou enfrentamentos entre ámbalas dúas pola súa titularidade. Contan como anécdota que existía una casa que tiña a cociña nunha parroquia e a sala noutra. O caso é que para aclarar este tema, tiveron que intervir o Cardenal Palacios e Monseñor Suquía.
Non se consigue aplacar os ánimos, ata que tras una visita ao Arcebispado de Santiago, o Bispo decide vir e nomear San Valentín parroquia propia bautizándoa coma Parroquia de San Valentín en 1976, e solucionando así o tema.

E así remata o noso traballo de investigación. Xa sabemos quen é San Valentín; por que se celebra ese día o día dos namorados tamén chamado da amizade nalgúns países; que relación ten este festexo coas celebracións pagás da antiga Roma; pero sobre todo sabemos por que o noso barrio ten este nome tan chamativo e pouco común.

Esperamos que vos teña gustado o noso traballo e que vos servirá para aprender algunha cousa.  Nos fixémolo con moito entusiasmo.
Ahh!!! Grazas a tódalas persoas que nos axudaron coa súa colaboración directa ou indirecta, e aos profes que nos apoiaron.