VIOLENCIA DE XÉNERO


O 25 de Novembro celébrase o
día internacional de loita contra a violencia de xénero.

ENLACE PARA ACTIVIDADES




Para a celebración deste día, os alumnos e alumnas de secundaria traballaron a relación das sensacións que provocan as cores coas reflexións que eles fixeron sobre a violencia de xénero. Podes ver as frases que dos diferentes cursos na seguinte PRESENTACIÓN. Na entrada do centro, na planta baixa, están tamén expostas nun arco da vella de papel.




 O venres 28, tras o recreo, levouse a cabo o acto no ximnasio. Nel, os alumnos de 1º ESO fixeron unha lectura de dúas redaccións onde reflexionaban sobre a violencia de xénero. A continuación, os alumnos de segundo cantaron unha canción de Dani Martín versionada para a ocasión. Para finalizar o evento, alumnos de 4º fixeron unha pequena representación teatral.
Se queres podes ver máis imaxes do evento clicando aquí:  FOTOS