20 de outubro de 2014

Dia mundial do lavado das mans


Como nace o dia mundial do lavado das mans?

No 2001 alguns expertos en hixiene e sanitización de todo o mundo decidiron formar a "Alianza Global entre los Sectores Público y Privado para Promover el Lavado de Manos" (PPPHW polas súas siglas en inglés) co obxectivo de promover o lavado de mans e diminuir os casos de enfermidade e morte.

Por que é importante lavarse as mans?

O lavado de mans con xabón pode evitar enfermidades coma diarreas e infeccións respiratorias que matan a millóns de nenos e nenas cada ano.

Cando hai que lavar as mans?

Os momentos críticos para o lavado de mans con xabón son despóis de usar o baño ou de limpar a un neno e antes de manipular alimentos.
Existen ademáis outra situacións nas que o lavado de mans é recomendable:
Despois de tocar animais e mascotas.
Despois de visitar e de coidar persoas enfermas.
Antes e despois de curar unha ferida.
Despois de acudir a un centro de saúde.
Despois de estar xogando na rúa.
Despois de utilizar un medio de transporte colectivo ou acudir a un espazo público.
Cando se teñan tocado manillas de porta ou barandillas de escaleiras.
Despois de manexar cartos.


Como lavar as mans correctamente?

Duración do lavado: entre 40 e 60 segundos.

1. Molla as mans.
2. Aplica suficiente xabón para cubrir todas as superficies das mans.
3. Frota as palmas das mans entre sí.
4. Frota a palma da man dereita contra o dorso da man esquerda
entrelazando os dedos, e viceversa.
5. Frota as palmas das mans entre sí, cos dedos entrelazados.
6. Rodeando o pulgar esquerdo coa palma da man dereita, frótao
cun movemento de rotación e viceversa.
7. Frota a punta dos dedos da man dereita contra a palma da
man esquerda, facendo un movemento de rotación e viceversa.
8. Enxógate as mans.
9. Sécaas cunha toalla dun só uso. Utiliza a toalla para pechar a billa.
10. Túas mans son seguras.

Podemos ver o seguinte video:

Como lavo as mans se non teño xabón?

Se nos atopamos nun lugar onde non dispoñemos de xabón, resulta máis eficaz limpar as nosas mans baixo o chorro de auga por arrastre que frotándoas.

Como pode cambiar a conducta do lavado de mans ás persoas?

Numerosos estudios demostraron que o lavado de mans con xabón diminúe de maneira importante a propagación de enfermedades infecciosas.
É polo tanto indispensable que esta práctica tan común se convirta nunha rutina. Teñamos presente que os xóvenes son o obxectivo principal desta campaña mundial xa que logo os nenos e nenas son os axentes do cambio de hábitos levando aos seus fogares e comunidades as boas prácticas de hixiene que teñen aprendido na escola.
A súa activa participación e a súa sensibilización cultural buscan asegurar un cambio de comportamento sostible.
Nenos, nenas, profesores, pais, nais, celebridades, gobernantes, membros da sociedade en xeral, todos podemos participar na celebración do Día Mundial Do Lavado Das Mans e tomar conciencia da importancia que ten esta práctica.

As mans limpas salvan vidas !


Para mayor información, por favor visite: