17 de abril de 2015

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES



 OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES
   O Venres 17 de Abril visitáronnos alumnos/as do  IES Fraga do Eume acompañados por un dos seus profesores para levar a cabo un Obradoiro de bebidas saudables.
   O obradoiro levouse a cabo no laboratorio do centro e comezou cunha pequena charla sobre os perigos do consumo de alcohol, os hábitos pouco saudables que acompañan o seu consumo e as consecuencias que este consumo pode chegar a ter nas nosas vidas.
   A continuación ensináronnos a preparar algúns cócteles e batidos saudables que todos probamos.






 
    Moitas grazas pola vosa visita!